Novas
Contido coa etiqueta .
Lingua Galega
Galaxia celebra os 75 anos cun programa de actividades para difundir a cultura galega
17/01/2025 16:04
A editorial prepara máis de 60 iniciativas para todo o ano, entre as que se inclúen premios literarios, exposicións, foros de debate, producións audiovisuais e eventos para todos os públicos
No acto de presentación en Vigo, reivindicou a súa historia "ao servizo da lingua e da cultura galega" como un exercicio "de resistencia e de defensa do propio"
Nos cemiterios só o cinco por cento das lápidas están escritas en galego
12/01/2025 21:18
O proxecto Palabra e Memoria, coordinado polo escritor e profesor Bernardo Penabade, avanza na catalogación das inscricións funerarias en lingua galega
Vinte anos despois do inicio desta investigación, os voluntarios percorren o territorio, parroquia a parroquia
2024: o ano da quinta maioría absoluta do PP, da sentenza do Alvia e do xuízo de Samuel
31/12/2024 08:00
A violencia machista cobrou cinco vítimas, nun ano con decenas de paralizacións de parques eólicos e Altri no foco do debate político
O único circo con carpa en galego leva a Compostela a historia de Pinocho
29/12/2024 14:05
É o primeiro na nosa lingua e combina teatro musical e números circenses
Estará en Santiago ata o 4 de xaneiro contando as aventuras do boneco de pau
A Xunta ofrecerá en 2025 cursos de lingua galega a sanitarios para incrementar o seu uso
20/12/2024 16:56
Tamén se compromete a revisar todo tipo de documentación e sinalización, para garantir que todos os contidos figuren na lingua
A Xunta pide colaboración e lealdade para un acordo pola lingua
11/12/2024 13:37
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude insiste na necesidade de diálogo entre partidos e pídelle ao BNG que se incorpore ao pacto
A Xunta tratará de iniciar a renovación do Plan de Normalización Lingüística antes de que acabe 2024
28/11/2024 11:37
López Campos non descarta abordar unha posible modificación do Decreto do Plurilingüismo, pero pide ao BNG que presente "unha alternativa"
Os populares abriron a segunda rolda de contactos da Administración autonómica cos grupos parlamentarios cara a un novo Pacto pola Lingua
O BNG ve "insuficiente" a renovación do Plan de Normalización e insiste en "modificar" o Decreto do Plurilingüismo
Abre o prazo de propostas para escoller a Palabra do Ano de 2024
27/11/2024 14:20
Pódense facer achegas ata o vindeiro 8 de decembro
Das suxestións sairán as palabras finalistas que despois irán á votación popular
López Campos aposta por un "grande acordo" pola lingua
22/11/2024 14:34
Pediu un clima de diálogo entre todas as forzas políticas
Mantivo unha reunión co presidente da Real Academia Galega para abordar a situación do galego
O Consello de Europa insta a España a que haxa xuízos en linguas cooficiais se unha parte o pide
19/11/2024 12:10
Os ministros subliñan que as linguas cooficiais deberían estar garantidas na educación e o dereito dos cidadáns a interactuaren nesas linguas coa Administración central
A recomendación non avalía se as sentenzas xudiciais que impoñen un mínimo de clases en castelán infrinxen os compromisos de España na protección das linguas minoritarias
Dimite o coordinador de Cultura do PPdeG con críticas á "incompetencia" do conselleiro López Campos
19/11/2024 11:57
Daniel Chapela deixa o partido pero manterá a súa acta de concelleiro en Bueu como non adscrito tras meses de desavinzas coa líder municipal
A Xunta defende o repartimento equitativo de linguas que establece o modelo plurilingüe nas aulas
18/11/2024 14:52
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa afirma que a competencia en galego no sistema educativo está garantida, e atribúe a falta de uso a outros ámbitos, entre eles o familiar
Galicia pasou de 58 centros plurilingües en 2009 a máis de 500 en 2024
Judith Fernández trasladou a súa satisfacción polos bos resultados no último informe mundial sobre competencias en lingua estranxeira, que sitúa a Galicia nos primeiros postos en inglés
A Xunta defende que as competencias en galego están acreditadas
17/11/2024 13:40
Di que os alumnos obteñen as mesmas notas en galego que en castelán
Admite que hai que fomentar o uso social pero subliña que é contraria ao monolingüismo
Multitudinaria concentración en Santiago denuncia a "emerxencia extrema" que vive o galego
17/11/2024 13:09
Baixo o lema "Unámonos polo galego", milleiros de persoas reclamaron un cambio de rumbo do uso social da lingua galega no país
Entre os asistents estiveron a dirixente do BNG, Ana Pontón, e o líder dos socialistas galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro
O BNG apela á mobilización este domingo para "cambiar o rumbo do galego"
15/11/2024 13:45
A dirixente do Bloque confía en que sirva para convencer a Xunta da necesidade de poñer en marcha novas “políticas” en favor da lingua
O BNG aposta por mellorar o ensino en galego na infancia
13/11/2024 14:36
Pontón considera que a nosa lingua vive unha "situación crítica", pero aínda é "reversible"
Reclaman que a cativada saia da educación obrigatoria tendo plena competencia lingüística nos dous idiomas
O BNG considera "unha estafa" o decreto do plurilingüismo e pide a súa derogación
11/11/2024 15:52
Os nacionalistas demandan máis fondos para o impulso do galego e a aplicación dun plan de normalización lingüística
O PSdeG súmase á marcha de Queremos Galego e pide unidade para reverter a perda de falantes
07/11/2024 13:55
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, defende a necesidade de poñer en marcha un cambio de rumbo nas políticas sobre o galego que “sexa un éxito”
Manuel Rivas, premio Nacional das Letras Españolas 2024
29/10/2024 13:54
É o primeiro autor en lingua galega que recibe o premio desde a súa creación en 1984
A Xunta fará unha proposta "ambiciosa" sobre o galego e pide consenso entre os grupos
23/10/2024 20:33
José López Campos, conselleiro de Cultura e Lingua, asegurou que é unha "oportunidade importante", polo que "non é momento de reproches nin de botar en cara nada"
A AELG recoñece este venres a Camiño Noia e Quique Peón como mestra e mestre da memoria
16/10/2024 11:43
Recoñecen as súas achegas, ao longo das súas vidas, á nosa memoria colectiva e ao saber popular
16/10/2024 09:23
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude di que cómpre mellorar o uso social do galego porque "a escola asegura as competencias"
A Coral de Ruada, Premio Otero Pedrayo pola súa difusión da cultura e a lingua galega
14/10/2024 18:36
A agrupación, fundada no ano 1918, estivo moi vinculada ao movemento galeguista e á Xeración Nós
Voces recoñecidas do rap reivindican o uso normalizado do galego
12/10/2024 21:49
Pontevedra acolleu a final do CeibaRimas, que naceu hai catro anos para fomentar o uso da lingua propia entre a mocidade
Un total de 26 persoas participaron nesta rifada competición de freestyle
Valentín García: "A chegada de migrantes modificou a última enquisa sobre o galego"
12/10/2024 16:28
Segundo o secretario xeral de Política Lingüística, en cinco anos chegaron a Galicia 115.000 persoas que só usan o castelán
Asegura que o reto é converter o galego nunha lingua máis atractiva para a poboación que vén de fóra e para a mocidade urbana
11/10/2024 13:38
Un informe do Instituto Galego de Estatística certifica que son xa máis os cidadáns que residen en Galicia que falan sempre en castelán, un 29,66 %, que os que utilizan a lingua cooficial no seu día a día de forma continua, un 24,37 %
No estudo anterior, de 2018, a situación idiomática aínda era inversa: a poboación que falaba sempre en galego situábase por encima do 30 % e a de quen o facía sempre en castelán estaba nun 24,40 %
A Xunta alega que a chegada de poboación do exterior "inflúe directamente" no aumento de castelanfalantes
A Xunta convoca os partidos a unha reunión para traballar por un "gran pacto pola lingua"
09/10/2024 14:45
O conselleiro de Cultura dixo que a lingua galega “é un dos nosos maiores tesouros", polo que afirmou que "é fundamental traballar xuntos, desde a cordialidade e liberdade, para preservala e poñela en valor”
A presidenta do Parlamento Europeo pide un informe sobre o uso das linguas cooficiais na cámara
07/10/2024 20:47
Analizarán as consecuencias prácticas, orzamentarias e políticas do uso do galego, catalán e éuscaro na institución comunitaria
24/09/2024 12:12
Os expertos reclaman que se eliminen as limitacións que impiden impartir no noso idioma as materias científicas
A Comisión Europea advirte de que actualmente "non se garante" que os procedementos xudiciais se podan facer en galego
Google Maps comeza a respectar a toponimia oficial galega
09/09/2024 22:13
Lugares como Arteixo, Sanxenxo ou A Coruña aparecen xa escritos coa grafía galega que lles pertence
Cultura quere incrementar o uso do galego nos espazos onde se move a mocidade
31/07/2024 14:00
Van potenciar o papel dos neofalantes, aquelas persoas que aínda que non tiñan o galego como primeira lingua agora a usan como símbolo de identidade.
En colaboración coa USC daráselle continuidade ao proxecto neofalantes.gal, o portal web que serve de unión a esta comunidade
O festival Revenidas Miúdo reúne 3.000 persoas no Monte do Gozo
28/07/2024 21:23
Foron máis dunha ducia de actuacións en tres escenarios diferentes
A romaría comezou ás doce da mañá e prolongouse toda a tarde
"Galegos sen fronteiras", de 20 países, fan en Mazarelos o curso de lingua e cultura da RAG
03/07/2024 15:11
A vella Facultade de Filosofía e letras acolle desde hoxe os 50 alumnos do curso de lingua e cultura galegas, que xa vai pola edición número 34
Euloxio Ruibal recibe a "Letra E" pola súa contribución á dramaturxia galega
15/06/2024 21:20
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega homenaxeou o autor
Recoñeceuno como escritor, académico e renovador da dramaturxia galega
Takekazu Asaka, embaixador da lingua galega no Xapón, académico de honra da RAG
08/06/2024 20:11
Traduciu ao xaponés a Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Uxío Novoneyra e os poetas medievais
Impartiu clases de galego en varias universidades xaponesas e no Instituto Cervantes de Toquio
O conselleiro de Lingua reclama que o galego quede "fóra do debate político"
24/05/2024 09:18
José López Campos asegura que o pacto pola lingua que ofrece é "para chegar a acordos cando se queira negociar"
O titular da nova consellería gaba o "traballo extraordinario" do centros escolares na implantación do decreto de plurilingüismo
O Instituto de Estudos Ulloáns celebra o Día das Letras Galegas no castelo de Pambre
17/05/2024 20:49
A filóloga Andrea Santiso impartiu un relatorio sobre a figura de Luísa Villalta
A RAG fai deste 17 de maio unha reivindicación da obra de Villalta e do seu compromiso
17/05/2024 14:18
As académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e o académico Euloxio R. Ruibal glosan con paixón a traxectoria da homenaxeada neste Día das Letras
O presidente da RAG, Víctor Freixanes, pide unha reflexión colectiva sobre o futuro do galego e insta á clase política a tomar a iniciativa ante unha situación que "preocupa"
Rueda reivindica o galego como "vínculo de unión" e destaca a "harmonía" do bilingüismo
17/05/2024 14:10
"O noso idioma é o fogar de todos os galegos, un fogar amplo, acolledor, que non pertence a ninguén ou, máis ben, pertence a todas e todos, a todo un pobo que o ama, deféndeo e cultívao", dixo o presidente da Xunta no acto celebrado polo Goberno galego no Teatro Colón da Coruña en homenaxe a Luísa Villalta
Queremos Galego clama nas rúas contra a situación "de emerxencia" do idioma
17/05/2024 14:00
Desde a plataforma de defensa da lingua galega reclaman o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Linguística, aprobado hai 20 anos